Muras, onde vira o vento

Muras, onde vira o vento

No lugar con máis aeroxeradores de toda Galicia, Muras (Lugo), habitan 576 veciños e veciñas, segundo o INE de 2025, coa cifra récord de 381 eólicos. O que parecería unha fonte de ingresos e enerxía, en realidade non reverte de xeito proporcional na veciñanza deste pequeno concello de 163 quilómetros cadrados en relación cos beneficios das compañías renovables. O concello puxo en marcha hai anos unha medida para que as persoas que habitan o municipio poidan obter un desconto na súa factura eléctrica.

Lumes de World Press

Lumes de World Press

Os lumes do verán de 2025 en Galicia foron históricos. Afectaron tantas hectáreas que chegaron a xuntarse uns con outros, arrasando flora, fauna e vilas enteiras, como a de San Vicente de Leira (na comarca de Valdeorras, en Ourense). Así os testemuñou a cámara do noso compañeiro Brais Lorenzo. O seu traballo foi merecedor do prestixioso premio World Press Photo 2026.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore
Ir o contido