habitar-o-baleiro-blanco-607x200

Quen somos

Habitar o baleiro é un proxecto xornalístico multiplataforma con vocación de longo percorrido que nace para documentar a vida no rural de Galicia.

O que foi, o que é, o que nace e o que desaparece, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, son piares fundamentais que constrúen o relato, axudan a entender o pasado e tamén a explicar o presente.

A través de imaxes, infografías, textos, vídeos e audios, un colectivo formado polos xornalistas Cláudia Morán, Elisabet Fernández, Alba Moledo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui e o fotógrafo Brais Lorenzo, canda o apoio dos profesionais do audiovisual de Metropolis.coop, pon o foco nos proxectos e as problemáticas vencelladas á contorna rural: a sustentabilidade, a vida no campo e o traballo das cooperativas agroalimentarias; mais tamén a vellez, a soidade e a desasistencia, a convivencia cos parques eólicos ou o impacto dos fenómenos climáticos moitas veces asociados ao despoboamento, como a seca e os incendios forestais.

Son as historias do rural que merecen ser contadas. Para que o natural viva. Para que a memoria permaneza.

 

Brais Lorenzo

Brais Lorenzo

Formado en Fotografía e Xeografía e Historia. Está interesado en temáticas sociais e medioambientais, cre no poder transformador da imaxe.

Desde 2010 compaxina o fotoxornalismo con traballos documentais de longo alento. É colaborador habitual de Bloomberg, AFP e Axencia EFE. Realizou fotografías para outros medios de comunicación estatais como El País, El Mundo, La Vanguardia, RTVE, Eldiario.es, Revista Luzes ou XL Semanal. As súas imaxes tamén se publicaron en medios internacionais como The Guardian, The New York Times, The Wall Street Journal, Washington Post ou Time.

O seu traballo ten sido recoñecido a nivel nacional e internacional cos premios Ortega y Gasset, POYi, Sony World Photography Awards, Istanbul Photo Awards, Siena International Photo Awards, Estaçao Imagem, Galicia en Foco, Luis Ksado e Premio de Periodismo Xosé Aurelio Carracedo, entre outros.

Cláudia Morán

Cláudia Morán

Graduada en Xornalismo pola Universidade Ramon Llull e Máster en Xornalismo especializado en Política Internacional pola Universidade Pompeu Fabra.

Traballou en La Voz de Galicia, Revista Luzes, Axencia EFE (Bruxelas), Radio Coruña-Cadena Ser e Cope Barcelona. Actualmente colabora en Nós Diario, Revista Luzes e La Marea.

Conta con experiencia en guión e coordinación de proxectos, así como en produción, elaboración e edición de audio e vídeo.

Recibiu o galardón 20Blogs polo blog colectivo Goldman Sachs is not an Aftershave e o premio Comunicar en Igualdade da Xunta de Galicia pola reportaxe colectiva As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións.

Sergio Pascual

Sergio Pascual

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Valladolid, Máster de Radio na Universidade Rey Juan Carlos e Comunicación Política e Markéting na USC.

Colaborador de diversos medios de comunicación, como La Marea, Vinte na Praza, La Fàbrica Digital ou El Confidencial, onde realiza reportaxes de temática social, cultural e medioambiental.

É cofundador de Laboratorio de radio e coautor da reportaxe transmedia Las huellas del Prestige, premio á mellor serie nos premios La Buena Prensa de 2022 e Premio do Público MoJoInnova 2023 da UOC.

Lucía Abarrategui

Lucía Abarrategui

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Radio pola Universidade Rey Juan Carlos.

Conta con amplia experiencia en diferentes radios –Cadena SER, Radio Nacional de España e RadioVoz Coruña– e en docencia radiofónica no Ciclo Superior de FP de Producción de Audiovisuales, Radio y Espectáculos (C.P.R. O Radio Verde).

Experta en radio e edición e producción de audio e podcast, é cofundadora da plataforma Laboratorio de Radio.

Coautora da reportaxe multimedia Las huellas del Prestige, premio á mellor serie nos premios La Buena Prensa de 2022.

Elisabet Fernández

Graduada en Xornalismo pola USC e estudante de Criminoloxía pola Uned.

Dende 2015 adícase ao xornalismo local na provincia de Ourense. Comezou as súas prácticas en La Voz de Galicia. No diario La Región ocupouse durante oito anos das seccións de Sociedade, Cultura, Política e Educación. Presta especial interese ás novas relacionadas con lonxevidade, despoboamento e soidade. Dende 2024 continúa vencellada ao xornalismo local dende Faro de Vigo. Coordinou durante un tempo o suplemento Gente Mayor. Con formación en guion e podcast, elaborou o proxecto Los penúltimos de Niñodaguia, un podcast que documenta o oficio dos cacharreiros da Ribeira Sacra.

Recoñecida como socia de honra pola Asociación para a Defensa do Patrimonio de Galicia (Apatrigal). Accésit do concurso de xornalismo da Real Academia de Ciencias de Galicia.

Alba Moledo

Graduada en Xornalismo e Máster en Xornalismo Multimedia Profesional pola Universidade Complutense de Madrid.

Traballa como xornalista en Diario de Pontevedra, onde comezou a súa formación laboral. Logo de sumar experiencia na Axencia EFE cunha beca en EFE Empresas (Madrid), en La Voz de Galicia e no eido da comunicación, regresou a Diario de Pontevedra, medio no que traballa actualmente como corresponsal en comarcas, cubrindo información local na zona de Sanxenxo e O Salnés. En 2020 debutou como columnista no mesmo medio, no que mantén unha columna semanal.

É tamén a corresponsal en Galicia da revista académica Transatlantic Studies Network (Universidade de Málaga), editada polo Centro de Estudios Iberoamericanos e Transatlánticos FGUMA-UMA e o Grupo de Estudos sobre Comunicación e Socidade da Información.

Miguel Riaño

Miguel Riaño

Produtor e realizador audiovisual. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA).

Entre os seus traballos máis destacados, no Centro Territorial de RTVE en Castilla e León en Valladolid como redator e locutor, foi colaborador do programa Bandera negra de RNE, onde dirixiu a sección chamada La tercera dimensión, exerceu como director e produtor do documental Ciudad de la selva e foi xefe de produción, realizador e guionista na terceira temporada da serie de Televisión de Galicia Tal como somos.

Ademais, é promotor da produtora cooperativa Metrópolis, radicada en Galicia.

Juan Carlos García

Juan Carlos García

Deseñador gráfico e director de arte. Técnico superior en deseño gráfico publicitario.

Con máis de 15 anos de experiencia no mundo profesional do deseño, traballou para clientes como Apple, Abanca, Adidas o Lilly Pharma.

Artista destacado no 2022 por Adobe Creative e primeiro deseñador español en colaborar coa Axencia Espacial Europea. Actualmente dentro da productora Metrópolis e creador da marca Funkyvision art.

Thomas Harris

Thomas Harris

Director de fotografía e técnico audiovisual. Estudou o Ciclo Superior en Imaxe en Vigo e o Grao en Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo.

En 2010 realizou un curso de steadycam e outro de realización de documentais no Laboratorio Audiovisual de Vedra Lav010.

Empezou como operador de cámara (ENG) en Localia TV, Pontevedra, en 2008, e dende esa data traballou como operador de cámara, técnico audiovisual e director de fotografía en varios proxectos audiovisuais de diversas produtoras que realizan programas para a TVG, como Onde vai a Xente, Un país de lerias, Cómo galegos!, ...

Entre 2016 e 2019 traballou no sector da publicidade como director de fotografía e fotógrafo na Axencia Elemental Chefs. Entre 2020 e 2023 realizou os labores de operador de cámara en directos con mochilas Livestream.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore
Skip to content