REPORTAXES
O rural das invisibles: un legado de avoas a netas
As mulleres son protagonistas dun rural que comeza a recoñecerse como espazo sostido esencialmente en feminino.

Auria Cabanelas, nonaxenaria da aldea de Puxedo (Lobios, A Baixa Limia). (Foto Brais Lorenzo)

ALBA MOLEDO UCHA
Texto

CLÁUDIA MORÁN
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
Seis historias e 60 anos de diferenza atravesan as vidas das protagonistas na sombra dun rural galego que hoxe comeza a recoñecerse como un espazo sostido, a través dos séculos, esencialmente en feminino. Desde as reminiscencias daqueles sacos de carbón polos que turraba monte abaixo a nonaxenaria Auria Cabanelas até as experiencias e-commerce de mozas como Ana Álvarez, a realidade de onte que, como ninguén, retratou Ruth Matilda Anderson, é o legado das herdeiras que agora apostan pola volta ás orixes.