José Pérez na parroquia de Puxedo, Lobios (Ourense), camiña por unha rúa escura coas súas ovellas. - Brais Lorenzo

“É máis triste non ter nada”

José do Marqués, humilde pastor de Puxedo (Lobios, Ourense), faleceu hai uns meses despois de toda unha vida dedicado á terra. Era habitual velo percorrendo o contorno da aldea co seu rabaño de ovellas. Cría, como tanta xente, na facenda e nunha vida pegada ao lugar que o viu nacer. Malia asistir ao baleiramento da zona nos últimos anos, seguiu saíndo coas súas ovellas case até o final: “É máis triste non ter nada”.

Baleira e o baleiro

Baleira e o baleiro

Baleira é unha localidade de apenas 1.000 habitantes na comarca da Fonsagrada. A Fonsagrada tamén é o municipio máis extenso en territorio de Galicia e, porén, un dos máis despoboados: só ten 7,5 habitantes por quilómetro cadrado, mentres que Vigo, a cidade galega con máis habitantes, conta con 2.690. Baleira aínda ten menos densidade de poboación: 6,9 habitantes por km2. Baleira é toda unha metáfora do fenómeno do despoboamento en Galicia. En 50 anos, a súa poboación reduciuse un 50%.

Lumes de World Press

Lumes de World Press

Os lumes do verán de 2025 en Galicia foron históricos. Afectaron tantas hectáreas que chegaron a xuntarse uns con outros, arrasando flora, fauna e vilas enteiras, como a de San Vicente de Leira (na comarca de Valdeorras, en Ourense). Así os testemuñou a cámara do noso compañeiro Brais Lorenzo. O seu traballo foi merecedor do prestixioso premio World Press Photo 2026.

Alfonso traballa na súa leira na aldea de Ernes.

Vivir en Ernes: a aldea que volveu

O lugar de Ernes, desaloxado case por completo de modo máis ou menos forzoso nos anos sesenta tras a creación do encoro de Grandas de Salime, parecía condenado á extinción.

Unha muller realiza a técnica do mulching en Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Loitar contra ríos de cinza

Tras os lumes do verán, persoas voluntarias veñen de organizarse para previr a erosión das escorrentías ou a contaminación dos ríos.

Vista da localidade de Beade (O Ribeiro) durante o incendio do 16 de agosto de 2025. (Foto: Brais Lorenzo)

A vendima que venceu o lume

A menor afectación da esperada dos incendios nos viñedos foi resultado do efecto cortalumes e a aposta por unha vida ligada á natureza.

Mallega en Piornedo (Cervantes, Os Ancares). (Foto: Brais Lorenzo)

Da sega á malla

Percorremos un mapa no que o trigo e o centeo simbolizan a recuperación.

As manadas son conducidas cara a vila de Sabucedo durante “A Baixa”, que é como se coñece á xuntanza e baixada das “bestas” cara Sabucedo, A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes). (Foto: Brais Lorenzo)

Rapa, en salvaxe compaña

Veciñanza das serras da Groba ou Sabucedo ocúpanse dos curros para preservar o cabalo salvaxe e a biodiversidade en Galiza.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore
Ir o contido