A mostra ‘Habitar o baleiro’ chega a Pontevedra da man de Afundación

O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolle a exposición dende este xoves 15 de outubro e ata o 9 de xaneiro
O inverno en Chandrexa de Queixa amosa unha paisaxe de frío, neve e baleiro. | Imaxe: Brais Lorenzo

O inverno en Chandrexa de Queixa amosa unha paisaxe de frío, neve e baleiro. | Imaxe: Brais Lorenzo

A exposición permanecerá no Café Moderno, na praza de San Xosé, até o 9 de xaneiro.
As fotos de Brais Lorenzo acompáñanse de textos xornalísticos sobre o despoboamento e a vida que latexa no rural galego.

O Café Moderno Afundación, na praza de San Xosé de Pontevedra, acolle dende este xoves 15 de outubro a mostra Habitar o baleiro, un traballo de fotografías e textos do colectivo do mesmo nome que traballa para documentar o despoboamento e a vida no rural de Galicia. A inauguración arrinca pola tarde, ás 17:30 horas, cunha visita guiada da man de integrantes do proxecto

Con máis de 90 fotografías de máis de dez anos de traballo de Lorenzo (Ourense, 1986), a exposición mestura as súas imaxes con textos dos xornalistas Cláudia Morán, Manolo Broa, Alba Moledo, Sergio Pascual, Alba R. Saavedra e Lucía Abarrategui e con de pezas de audio, ademais dun pequeno vídeo, xerando, así, unha experiencia inmersiva.

A mostra itinerante, que permanecerá en Pontevedra até o 9 de xaneiro, é o resultado dun traballo de documentación de máis de tres anos sobre as luces e as sombras, o que nace e o que morre nalgunhas das áreas máis despoboadas da comunidade galega e tamén na área de Pontevedra, afondando no traballo das xentes do mar.

Máis de 27.000 persoas xa pasaron pola exposición de Habitar o baleiro nas visitas libres e guiadas que se foron desenvolvendo dende 2024 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), o Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense), o Museo Provincial de Lugo (Lugo), o Museo Quiñones de León (Vigo), o Museo Camilo José Cela (Iria Flavia, Padrón) e a sede de Afundación en Ferrol.

“Este proxecto xorde do amor pola vida que latexa no rural como un exercicio de memoria e de preservación. Queremos abrir debate a través do xornalismo sobre unha temática que está a acontecer diante de nós”, sinala Lorenzo. “A soidade, o illamento ou o abandono nalgunhas das zonas con maior perda de poboación de Galicia son algunhas das temáticas, mais tamén unha cara máis amable das áreas rurais, como a repunta do interese polo sector primario e a vida na natureza ou a importancia de ritos como o Entroido”, explica Morán.

Comparte:

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore
Ir o contido