REPORTAXES
O accidente de avión do Morgan: da lenda á historia viva da Segunda Guerra Mundial
A veciñanza de Calvos de Randín gardou durante décadas unha lenda entre a ficción e a realidade: a historia sobre a madrugada de 1944 na que espertaron cando se estrelou o avión “do Morgan”.
Manuel Ángel, Pepe, Iago, Luis, Celso e David posando cunha chapa do avión na fronteira hispano-lusa.

ALBA MOLEDO
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
Un municipio de 650 habitantes gardou durante décadas unha lenda entre a ficción e a realidade. Era a historia que Aurora Mañá, mestra e costureira en Calvos de Randín, lles contaba aos netos: Na madrugada do 22 de febreiro de 1944, as veciñas e os veciños espertaran cos estalidos que viñan da montaña. O primeiro que pensaron foi nunha invasión. Pero non, acababa de estrelarse o avión “do Morgan”.