
O saber do carbón
Esta nonaxenaria de Puxedo, en Lobios (Ourense), crávanos a mirada azul mentres rememora como facía carbón no monte cos irmáns que xa non están. Logo, cargaban sacos e vendíanos nas aldeas máis próximas, un camiño de quilómetros para levar sustento á humilde casa familiar.