REPORTAXES
Rapa, en salvaxe compaña
Veciñanza das serras da Groba ou Sabucedo ocúpanse dos curros para preservar o cabalo salvaxe e a biodiversidade en Galiza.

Un aloitador cunha camiseta en contra da instalación de eólicos durante a Rapa das bestas de Sabucedo, A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes). (Foto: Brais Lorenzo)

CLÁUDIA MORÁN
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
Son moitos os petróglifos que dan conta da importancia milenaria dos cabalos salvaxes na Galiza. As bestas limpan os montes, abren carreiros, preveñen dos incendios e protexen o gando doméstico de depredadores como o lobo. Porén, as eguas e os cabalos salvaxes tan característicos da nosa terra cada vez van a menos. A veciñanza das serras da Groba ou de Sabucedo ocúpanse, cos seus propios medios, das rapas ou curros para preservar este animal contra ameazas sanitarias, ambientais ou a proliferación de eucaliptais e eólicos.