REPORTAXES
Loitar contra ríos de cinza
Tras os lumes do verán, persoas voluntarias veñen de organizarse para previr a erosión das escorrentías ou a contaminación dos ríos.
Unha muller realiza a técnica do mulching en Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

CLÁUDIA MORÁN
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
Despois dos lumes do verán, grupos de persoas voluntarias e organizacións ambientais veñen de organizarse, xunto coa Xunta, para facer batidas e previr a erosión das escorrentías ou a contaminación dos ríos coa chegada das choivas. Hai consenso en botar en falta máis planificación, máis difusión e máis accións para evitar un estrago natural maior nos montes e ríos da Galiza. E hai unha liña que une a poboación urbana e rural: a devoción pola natureza.