REPORTAXES
Entroido: moito máis que un carnaval
Contra a idea estendida do Entroido como unha festa multitudinaria, as aldeas galegas reivindican o seu significado.
Entroido, moito máis que un carnaval

MANOLO BROA
Texto

CLÁUDIA MORÁN
Texto

SERGIO PASCUAL
Texto

SOL MENDIGUCHÍA
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
Contra a idea estendida do Entroido como unha festa multitudinaria, as aldeas galegas reivindican o seu significado amplo, cultural, rebelde ante o poder e as súas orixes vencelladas aos ritos e a terra. Entroidos como o Ribeirao, en Santiago de Arriba (Chantada), o Fulión en Trabazos (Manzaneda) ou mesmo de zonas que acusan o despoboamento lonxe do interior, como Samede (Paderne), son un exercicio de memoria e recuperación para lembrarnos que no Entroido está a raíz de todo un pobo, unha homenaxe á natureza e á comunidade á que cómpre volver.