DOCUMENTAL

Peza de Presentación
"Habitar o baleiro” é unha peza documental que relata o fenómeno do despoboamento do rural occidental con Galicia como exemplo. O contraste entre uns costumes que están a desaparecer e os novos modelos de vida e traballo que fan por asentarse. A pesar de que descoñecemos que será do campo e das aldeas, é posible que esteamos #ante a última oportunidade para documentar a sociedade rural. Pero poida que este filme sexa, ao mesmo tempo, un fito na divulgación da realidade dun mundo fóra da cidade que aínda ten unha oportunidade.

Pereira: Unha aldea habitando o baleiro
"Pereira; unha aldea habitando o baleiro" é o primeiro avance do traballo que estamos a desenvolver para o noso futuro documental con Metropolis.coop e grazas a axuda da Deputación de Ourense. Presentámolo o 30 de setembro no OUFF, reflictindo a realidade das persoas maiores que reciben axuda a domicilio nesta aldea do concello de Entrimo. Esta e outras historias, máis escuras ou máis luminosas, son candidatas a estar na longametraxe "Habitar o baleiro".