REPORTAXES
Búscanse ramistas. A festa no rural non ten quen a organice
A perda de habitantes de Carballeda ten consecuencias. Unha delas, que cada vez custa máis atopar relevo para a organización das festas.

Rubén lanza un aviso pirotécnico para anunciar a alborada. (Foto: Brais Lorenzo)

LUCÍA ABARRATEGUI
Texto

S. PASCUAL
Texto

C. MORÁN
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
A perda de habitantes de Carballeda, no Irixo, ten moitas consecuencias. Unha delas é que, malia que poida parecer banal, cada vez custa máis atopar ramistas, o relevo para a organización das festas. Diso dan conta Celsa (74), Digna (53) e Nerea (30), tres xeracións de mulleres dunha mesma familia que viviron o esplendor da festa, a súa desaparición e, nos últimos tempos, a súa recuperación. A situación das festas deste lugar da comarca do Carballiño ten o seu correlato na perda de poboación, o debilitamento do tecido comunitario, a falta de conexión co territorio e, en definitiva, a falta de oportunidades para desenvolver unha vida no rural. Porén, na antesala do baleiro, o vindeiro ano haberá festa.