REPORTAXES
Defender o territorio: A loita viva contra Altri
Vinte grupos vivos independentes suman forzas baixo as directrices da Plataforma Ulloa Viva.

Unha muller embarazada durante a histórica mobilización en Palas de Rei o 26 de maio. (Foto: Brais Lorenzo)

SERGIO PASCUAL
Texto

LUCÍA ABARRATEGUI
Texto

BRAIS LORENZO
Fotografías
O berro de “Altri non!” ten unha serie de veas que transportan a forza do “corazón á razón”. Vinte grupos vivos independentes que suman forzas baixo as directrices da Plataforma Ulloa Viva. Malia que esta causa vai sumando apoios, ás veces materialízanse de xeito pasivo: “Como vos vai?”. Recollemos o resultado do traballo desta comunidade en movemento que relata como nos vai ante a ameaza de Altri.